
Como xurde a idea
BlorePlás nace da idea de entender a construcción como algo lucrativo, pero non referido ó tema económico; lucrativo en canto ás necesidades do medio ambiente, o cal non estamos a respetar como é debido.
Son un alumno de Proxectos de edificación do CIFP Someso moi concienciado co sostemento medioambiental e a bioconstrucción e coñecedor por outra banda da situación do sector da construcción, no que me quero introducir pero cunhas ideas que non son a que se están a levar a cabo actualmente.
Facendo un estudo sobre a idea que quero levar a cabo tanto en España coma en Europa, decateime de que é un método construtivo moi pouco ou nada utilizado na construcción, mentres que noutras industrias, como a electrónica, está á orden do día.
Con BlorePlás o que pretendo e darlle unha segunda vida a todos eses materiais, materiais que rematan en vertedoiros ou que son reciclados para seguir contribuindo ó mesmo fin. Propoño un reciclado cun fin moi diferente o que estamos habituados a ver: fundir todos eses restos plásticos, cauchos e demais, darlle forma de bloque co que, como se fora un xogo, construir casas que actúan por sí soas como aislante e cuns costes económicos e medioambientais moi baixos.